En Vigo non había unha comunidade de programación e IA en galego. Agora si.
Vigo404 nace porque faltaba. Un sitio onde tratar á xente coma xente, falar galego sen ter que xustificalo, e compartir coñecemento e experiencias. De código, de IA, e de todo o que vai saíndo.
Non temos anos de historia nin un evento aínda. O que temos é a idea clara de ser a primeira comunidade de programación e IA en galego en Vigo, e as ganas de construíla con quen se anime.